Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Quedan prazas libres nalgunhas actividades infantís e xuvenís de verán

Oleiros, 5 de xuño de 2017-. Aínda existen prazas vacantes nalgunhas das actividades de verán que organiza o Concello de Oleiros para nenos, nenas, mozos e mozas. Para consultar a dispoñibilidade,  as persoas interesadas deberán dirixirse á conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.

A programación de verán vai dirixida a rapaces e rapazas do municipio nados entre 1999 e 2014, que, segundo o seu grupo de idade, dispoñen de diferentes actividades: campamentos, campus, excursións á natureza, actividades acuáticas (surf, kaiak...),  escola de artes plásticas, obradoiros (radio, robótica e programación, curtametraxes, teatro, olería, creación de contos, banda deseñada, artesanía e natureza, precirco...).
 

back link