Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Quedan 15 prazas para a viaxe “Mulleres salgadas: Arousa en feminino” dirixida a maiores de 65 anos

O programa de sendeirismo e excursionismo “Ven e descubre”, dirixido a persoas de máis de 65 anos, celebrará o vindeiro día 24 unha ruta por Arousa baixo o título de “Mulleres salgadas: Arousa en feminino”, para o que hai dispoñibles 15 prazas.

As persoas interesadas poden apuntarse entre as 4 e as 8 da tarde os días 16, 17 e 18 de setembro por teléfono na centraliña do Concello (981 610 000). O día da ruta haberá un servizo de autobús con paradas en Oleiros, Lucín, Coruxo, parque Luis Seoane, Arillo, Breixo, Cabreira, Mera e A Escola. 

O obxectivo deste programa é promover un envellecemento activo que favoreza a vida plena das persoas maiores abordando de forma integral os aspectos físicos, sociais e emocionais. O prezo da actividade é de 10 euros.
 

back link