Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Presentación nas Torres do libro sobre a figura da matemática de orixe oleirense Maria Wonenburger

O xoves 9 de maio ás 19:00h presentarase no Teatro As Torres a obra de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar
dedicada á figura da matemática española María Wonenburger: María Wonenburger La atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda.

Neste libro nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas,  para o cal tivo que superar moitos obstáculos. Realizou unha brillante carreira no estranxeiro que a converteu nun referente internacional da álxebra. Veu truncadas as súas investigacións ao ter que volver á casa, cando aínda tiña moito que aportar. Os recoñecementos, como tantas veces, chegaron moi tarde.

María José Souto Salorio é catedrática de Escola Universitaria da área de Álxebra na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación nese ámbito do coñecemento. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Ana Dorotea Tarrío Tobar é catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación no campo da xeometría diferencial. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. Entrada libre.

back link