Oleiros, 12 de decembro de 2018-. O sábado 15 de decembro Pablo Díaz presenta o concerto do seu disco Coas miñas mans en Oleiros. O espectáculo terá lugar na Fábrica ás 18.30 horas e para asistir é preciso reservar as entradas escribindo un correo a lingua@oleiros.org dando os seguintes datos: nome da nena ou neno, idade, nome da persoa acompañante, teléfono e correo electrónico e indicar se a familia está inscrita no Apego de Oleiros.
Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. E neste disco Pablo Díaz ensina música para aprender os números, as cores, as comidas… pero tamén para cantarlle á lúa, á primavera… Cancións divertidas para medrar con alegría!