Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os xabarís arrasan as zonas verdes ante a pasividade da Xunta de Galicia

Oleiros, 31 de outubro de 2018-. A Xunta de Galicia, organismo que ostenta as competencias sobre o control dos animais, está obrigada por lei a controlar a reprodución incontrolada de xabarís, así como a tratar o problema que están a causar estes animais nas zonas urbanas do Concello de Oleiros. Malia os continuos requirimentos realizados polo Concello e a existencia dun compromiso por parte da Consellería de Medio Ambiente de actuar en Oleiros, a realidade é que a Xunta non está a actuar ante este grave problema.

Están a producirse importantes danos no patrimonio público que xa superan os 80.000 euros. Igualmente son moitos os veciños e veciñas que se teñen dirixido ao Concello ante o temor orixinado pola presenza destes animais en zonas urbanas, ademais dos numerosos estragos que tamén están a causar en propiedades privadas.

Para denunciar esta situación, iniciouse unha campaña nos paneis informativos municipais na que se reclama a actuación da Xunta de Galicia ante este grave problema.
 

back link