Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os tres porquiños, musical infantil este sábado no García Márquez

O Concello presenta o vindeiro sábado 24 de xaneiro a obra musical infantil "Os tres porquiños", da compañía Educateatro. A función terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez ás 18:00 horas.

Esta proposta é unha revisión do conto tradicional adaptada para o teatro musical. A historia está protagonizada por dous exploradores que se adentran no bosque co obxectivo de coñecer en persoa aos seus personaxes favoritos. O espectáculo destaca polo uso de bonecos a tamaño real, deseñados para cativar a atención dos máis pequenos e crear unha experiencia visual impactante.

A actividade está dirixida especificamente a familias con crianzas maiores de 2 anos.

Inscricións e reserva de prazas

O prazo para inscribirse abre hoxe, luns 19 de xaneiro, e permanecerá activo ata completar a capacidade total do auditorio.

Seguindo co compromiso de fomento da lingua galega na infancia, as familias inscritas no programa Apego terán preferencia de reserva durante os dous primeiros días do prazo de inscrición (19 e 20 de xaneiro).

Para máis información sobre o proceso de reserva, as persoas interesadas poden consultar a páxina web oficial do Concello de Oleiros.

INSCRICIÓNS
 

back link