Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os participantes na Volta Solidaria a España reciben o agarimo do pobo de Oleiros

Oleiros, 27 de maio de 2016-. Dous deportistas con discapacidade visual, Marcos Bajo e Minerva González, chegaron esta mañá ao Concello de Oleiros dentro da Volta Solidaria coa que están a percorrer España a pé e en bicicleta durante 59 días. O obxectivo que perseguen é concienciar a poboación sobre as enfermidades raras e minoritarias.

Un nutrido grupo de xente recibiu a estes dous deportistas e ás persoas que decidiron acompañalos na etapa de hoxe, con saída na localidade de Betanzos. Unha autocaravana instalada na praza de Esther Pita, que foi o lugar de recibimento, proporcionou información sobre todas as enfermidades raras e serviu de punto de recepción aos dous deportistas, que foron recibidos por unha representación municipal que lles fixo entrega dun agasallo oficial acreditativo do seu paso pola localidade.

As persoas afectadas por enfermidades raras sofren en moitos casos, ademais do problema de saúde grave que lles ocasiona, unha falta de diagnóstico axeitado durante anos, unha ausencia de atención axeitada e uns gastos a maiores por tratamentos non cubertos polo sistema sanitario público. Co fin de sensibilizar a poboación estes dous deportistas, Marcos Bajo, con discapacidade visual, e Minerva Carbajo, deportista amateur con cegueira total, acaban de atravesar o ecuador do seu reto: 42 km correndo e 21 km pedaleando diarios durante case dous meses, en total preto de 3.500 km de superación, solidariedade e deporte.

 

back link