Oleiros, 5 de abril de 2022-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o vindeiro sábado 9 de abril, ás 20:30 horas, a presentación da obra teatral Os nenos da varíola da compañía Pérez y Fernández.
Pérez y Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, presentan unha adaptación da novela de María Solar. O elenco da obra está composto por: Isa Risco, Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis. A autoría da obra pertence a María Solar. O drama ten unha duración aproximada de 60 minutos. Ademais de actores, Victoria Pérez e Xosé Leis son os encargados da dirección da obra.
Os nenos da varíola escenifica unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Ambientada no S.XIX.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas ata completar a capacidade da sala. Terán un prezo de 3,50 €.