Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os mellores oleiros da península expoñen e venden as súas pezas ata o domingo no parque Luis Se

 Oleiros, 3 de agosto de 2022-. O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolleu a inauguración da XXVIII edición de Alfaroleiros. O acto contou coa participación de decenas de persoas, así como da presenza do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Manuel Heredia Pérez, do alcalde de Sada e de representantes de Abanca.

 
A feira rematará o domingo 7 de agosto. Ata ese día os 22 oleiros que participan neste feira expoñerán e venderán as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Tamén haberá numerosas actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos.
 
back link