Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os máis pequenos teñen teatro o xoves e o venres no Auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 23 de decembro de 2019-. Os máis pequenos da familia poderán gozar nestes días de vacacións de nadal de dúas obras de teatro. A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística organiza dous espectáculos infantís, os días 26 e o 27 de decembro, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

 
O xoves, ás 18:00 horas, Talía Teatro presenta Lambetadas. O venres, tamén ás 18:00 horas, será o espectáculo Os fabulosos cleaners, de Malasombra Producións.
 
Para Lambetadas a entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde as 17:00 horas no despacho de billetes do auditorio. O venres as entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala.

 

back link