Oleiros, 25 de novembro de 2015-. O alumnado dos centros de ensino públicos de secundaria de Oleiros apoiou de xeito masivo as iniciativas desenvolvidas hoxe con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás 12:10 h, de xeito simultáneo en todos os centros, os e as estudantes leron a Declaración Institucional do Pleno Municipal do Concello de Oleiros realizada con motivo deste día.
A declaración foi consensuada por todas as forzas políticas representadas no Pleno Municipal que desta forma queren amosar a súa unidade na loita contra a violencia de xénero, á vez que se pretende pedir un esforzo á sociedade na súa responsabilidade diaria para a erradicación de comportamentos violentos baseados na desigualdade de xénero. Co fin de visibilizar o posicionamento de unidade, especialmente ante a mocidade, o IES Miraflores foi o recinto escollido polos representantes do Pleno Municipal para participar neste acto.
A declaración institucional di o seguinte:
A violencia de xénero non é un problema recente, trátase dun mal
enquistado nas nosas sociedades como consecuencia final e mais
grave da desigualdade entre xéneros.
Unha dura realidade ante a que, como sociedade, debemos tomar
medidas. Dende os gobernos, con políticas e actuacións orientadas
a transformar esta situación, e dende a cidadanía, cunha actitude
responsable e intransixente ante estes feitos.
Os culpables de tanta de tanta morte e crueldade deben recibir o
seu castigo, sobre eles ten que caer sen ningún tipo de indulxencia
todo o peso da lei. Para iso é necesario o endurecemento das
penas por este delito e a incorporación do término feminicidio ao
noso ordenamento xurídico.
Por outra banda é fundamental un cambio de pensamento nas
próximas xeracións; a educación en igualdade é un pilar transversal
que ten que estar presente no ensino, dende as primeiras etapas da
vida escolar das nenas e dos nenos, así como na transmisión de
valores que se leva a cabo dende as familias e o seu entorno.
O noso futuro como sociedade pasa por una convivencia en
igualdade, baseada no respecto mutuo e na ausencia de violencia
como fórmula para a resolución de conflitos.
Co fin de acadar este obxectivo o Pleno Municipal do Concello de
Oleiros propón:
-Revisar a lei Orgánica 1/2004, de Medidas de Protección
Integral contra a Violencia de Xénero introducindo o termo
Feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto
da Vítima de Feminicidio que reforce as medidas de
protección ás mulleres, así como un avance no seu apoio
psicolóxico, social e económico.
-Continuar avanzando e reforzando todas aquelas actuacións
de coeducación, en colaboración con toda a comunidade
educativa, dirixidas a eliminar estereotipos e contribuír a un
desenvolvemento de sociedades futuras mais respectuosas e
igualitarias nas súas relacións.
¿¿Instar a toda a cidadanía a manter unha actitude responsable
na súa vida diaria, baseada en relacións en igualdade e non
violentas, evitando calquera forma de discriminación por razón
de xénero. Non debemos esquecer, sobre todo aqueles que
somos pais e nais ou que temos una proxección pública, que
educamos cos nosos actos e non só coas nosas palabras,
polo que é fundamental a coherencia entre o discurso e a
acción.
A nosa solidariedade coas mulleres e menores que son vítimas da
violencia de xénero, unha terrible realidade que temos a
responsabilidade, como sociedade civilizada, de cambiar e uns
crimes que non podemos nin debemos esquecer.
Oleiros, 25 de novembro de 2015