Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os fabulosos cleaners, teatro infantil o venres no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 23 de decembro de 2019-. A compañía Malasombra Producións presenta o venres ás 18:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Os fabulosos cleaners. Xoque Carbajal e Jouse García forman o elenco desta obra de Luis Beviá e Xoque Carbajal, que dirixe Marcos Orsi e Xoque Carbajal.

 
Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 3 anos.
back link