Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os centros de ensino colaboran co Banco Solidario de Oleiros nunha campaña de recollida de acei

Oleiros, 8 de maio de 2017-. O Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros vai desenvolver a súa campaña anual de recollida de produtos de alimentación nos centros educativos públicos de Oleiros centrada este ano nun único produto: o aceite, tanto de oliva como de xirasol. A campaña vai desenvolverse durante dúas semanas, do 8 ao 19 de maio, en todas as escolas infantís, colexios e institutos públicos do municipio. Entre todos os centros repartíronse 3.500 cartas dirixidas ás familias informando do obxectivo desta acción solidaria, á vez que se ofrece a posibilidade de que acudir aos centros a explicar en que consiste a actividade do Voluntariado de Oleiros e do Banco Solidario.

O aceite é un produto básico, de primeira necesidade e que nos últimos tempos viu incrementado o seu prezo notablemente, polo que desde o equipo de voluntarios e voluntarias que desenvolven a súa actividade no Banco Solidario valoraron fundamental centrar a recollida neste produto. Esta campaña complementa as actuacións que se levan a cabo desde outros programas municipais recollidas no regulamento de medidas pola inclusión social, como os bonos de alimentos, así como do Banco Solidario, o reparto de alimentos excedentes da Unión Europea.

O Banco Solidario é un dos proxectos do Voluntariado de Oleiros no que están implicados un maior número de voluntarios e voluntarias, cunha actividade continua e activa durante todo o ano.
 

back link