Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Os cambios no sentido da circulación en Montrove entran en vigor o venres

Oleiros, 16 de marzo de 2016-. O venres pasarán a estar vixentes os novos sentidos de circulación que se aplicarán nas rúas Salvador de Madariaga, Carreira Cova e Constitución de Montrove. Aínda que a Policía Local vixiará moi de preto esta zona para evitar problemas, o Goberno municipal solicita a colaboración tanto de vehículos como de peóns.

Desde o venres, o último treito da rúa Salvador de Madariaga, desde a intersección coa rúa Carreira Cova ata a avenida Rosalía de Castro, pasa a ser de dirección única, polo que desde Rosalía de Castro estará prohibido acceder a Salvador de Madariaga. Isto tamén implicará variacións no semáforo da rúa Salvador de Madariaga.

Para baixar cara a zona do Seixal, os vehículos terán que acceder pola rúa Carreira Cova. Precisamente ese ramal de acceso, que ata o de agora era de dobre sentido, tamén se converte en sentido único.

Na rúa da Constitución, tal e como recolle o mapa, queda prohibido o dobre sentido de circulación. Os vehículos só poderán acceder a esta vía pola parte máis alta.

O Goberno municipal adoptou esta decisión para aumentar a seguridade de todos os veciños e veciñas de Montrove e para axilizar o tráfico da zona. En calquera caso, o Goberno solicita a colaboración dos vehículos e dos peóns nestes primeiros días polas molestias que poidan causar inicialmente estes cambios que agardamos que sexan moi beneficiosos para todos e todas.
 

back link