A actividade é gratuíta e ofértanse 50 prazas para maiores de idade, e menores a partir de 12 anos acompañados dunha persoa adulta responsable, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
As inscricións (pinche aquí) poderán realizarse a partir do martes 21 de abril ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, o persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas.
A inscrición inclúe o desprazamento obrigatorio en autobús e as visitas guiadas en ambos museos.
No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre martes 21 de abril ás 10.00 horas e o venres 24 ás 14.00 horas.
EXPOSICIÓN: OUTRAS HISTORIAS POSIBLES
Presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, no persoal coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia.
EXPOSICIÓN: COMEDY WILDLIFE
A través das fotografías seleccionadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, a exposición fai gala dunha magnífica colección de imaxes de natureza cunha singularidade: diferentes especies animais conectan co ser humano a través das emocións.