Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Oleiros recibe as cinco bandeiras azuis de 2016 e un distintivo especial pola praia de Bastiagu

Oleiros, 1 de xuño de 2016-. O Concello de Oleiros recibiu esta mañá, nun acto celebrado na praia de Bastiagueiro, as cinco bandeiras azuis para a tempada de verán do 2016. Tamén foi entregada a bandeira conmemorativa que recoñece os 30 anos consecutivos que leva sendo distinguida a praia de Bastiagueiro, único caso en Galicia xunto coa de Miño.

No seu discurso, o alcalde de Oleiros destacou a singularidade das praias e de todo o litoral oleirense. Unha singularidade que procede dun modelo urbanístico único baseado nun total respecto das leis e do medio ambiente que posibilita non só o recoñecemento de hoxe senón tamén unha chea de espazos públicos, paseos e zonas verdes para o goce de todos os veciños e veciñas ao longo de toda a costa oleirense.

O acto contou coa presenza das autoridades autonómicas, dos representantes da entidade que outorga as bandeiras e dos alcaldes e outros representantes dos municipios e entidades premiadas.
 

back link