Oleiros, 23 de maio de 2018-. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o vindeiro día 31 de maio unha xornada sobre a localización dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento. O acto celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago entre as 9:00 e as 14.00 horas.
Ademais dos municipios galegos, entre os que estará o de Oleiros, nesta xornada participarán representantes doutras redes de municipios de Holanda, Alemaña, Portugal e Andalucía, que compartirán as súas experiencias na posta en funcionamento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible nas administracións locais. Tamén haberá obradoiros para afondar nas dúas principais áreas de traballo da cooperación municipalista: a sensibilización e a xestión de axudas a terceiros países.