Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Oleiros favorable a un taxi metropolitano sempre que sirva para mellorar o servizo

Esta mañá celebrouse unha reunión dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros coa Xunta de Galicia para tratar a futura creación dunha área de prestación conxunta do servizo de taxi. O Concello de Oleiros amosouse favorable a avanzar nesta dirección, sempre e cando este cambio repercuta nunha mellora do servizo que se lles está a prestar á cidadanía.

O Goberno de Oleiros, como leva demostrando ao longo dos anos, é partidario de mancomunar servizos públicos. Neste caso, xa houbo unha experiencia similar hai 20 anos, que fora un fracaso total. Se agora se artella doutra maneira, se ordena o servizo, se blinda que haxa un cumprimento por parte dos taxis en todos os municipios, que dean servizo, que estean nas paradas, que haxa uns tempos mínimos de atención… o Concello de Oleiros si estaría totalmente de acordo. Se en cambio, todo isto é para beneficiar aos taxistas dun municipio concreto ou se vai producir un deterioro maior do servizo do que xa hai, o Concello de Oleiros non participaría. 

A petición do Concello de Oleiros, a Xunta de Galicia redactará un borrador de ordenanza no prazo de 3 meses para ir entrando no fondo da futura organización do servizo, imprescindible para poder tomar algún tipo de decisión. Crear unha área de prestación conxunta do servizo de taxi de cara á galería para que despois non funcione, non tería ningún sentido.
 

back link