Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Oleiros apagará as luces o sábado para reivindicar a loita contra o cambio climática

Oleiros, 16 de marzo de 2016-. O vindeiro sábado, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación da Casa do Concello, do Castelo de Santa Cruz, da avenida Ernesto Che Guevara e dos paseos da Ría, de Santa Cruz e de Mera permanecerá apagada para denunciar o cambio climático e demandar unha actuación conxunta dos estados do mundo contra este grave problema.

O Concello de Oleiros súmase un ano máis á iniciativa de WWF España denominada A Hora do Planeta. Desta maneira, o Goberno municipal unirase aos centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos en defensa do medio ambiente. Este ano é especialmente importante na loita contra o cambio climático xa que en decembro os gobernos de todo o mundo acadaron un acordo que agora debería facerse realidade.
 

back link