Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Oleiros acollerá esta fin de semana a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina de Voleibol

O Concello de Oleiros e o Club Voleibol Oleiros presentaron esta mañá, no Auditorio da Fábrica, a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina, que se celebrará no municipio desde este venres 23 ao domingo 25. No acto estiveron presentes a Concelleira de Deportes, Teresa Vázquez Maseda; a tesoureira do CV Oleiros, Mar Bustabad; o adestrador do equipo sénior masculino, Luis Cuadrado; o capitán, Rubén Martínez, e varios xogadores do equipo.


A concelleira de Deportes salientou a importancia de celebrar un evento destas características en Oleiros, e quixo desexar moita sorte ao equipo local neste novo reto deportivo. “É un grande orgullo para Oleiros”, dixo Vázquez Maseda.

Pola súa parte, Luis Cuadrado, puxo en valor o feito de que o seu equipo teña conseguido chegar a esta fase final coa metade dos xogadores “en idade aínda xuvenil”. Ademais, expresou que se trata dun “tremendo orgullo e unha gran motivación” poder xogar estes partidos na casa, e amosou total confianza nos seus homes para este reto de ascender a Primeira División Nacional. “Estou seguro de que faremos un bo papel. Teño unha gran confianza nos rapaces e en que poden completar un gran campionato”, dixo.

No acto, tamén interveu o capitán do equipo, Rubén Martínez, que quixo deixar clara a importancia que podería ter para o club un posible ascenso. “Sería una experiencia boísima. Poderíamos ser un referente a nivel nacional para os xogadores da nosa canteira, e incluso para o resto de equipos da comarca”, explicou. 

Ademais do conxunto oleirense, participarán nesta fase o Club Vigo Voleibol (Galicia), o Jatorkide Boleibol Kirol Kluba (País Vasco), o Vóley Playa Cartes (Cantabria), o CV Burgos (Castela e León) e o CID Jovellanos (Asturias). Os partidos disputaranse nos Polideportivos do Valle Inclán (Perillo), A Rabadeira (Oleiros) e Canide (Mera).

A competición, que dará comezo o venres ás 11 da mañá, dividirase en dous grupos de tres equipos, pasando ás semifinais os dous primeiros de cada un deles. De alí, sairán os finalistas, que se enfrontarán no Polideportivo do Valle Inclán o vindeiro domingo 25 ás 11:30h.

CALENDARIO DE PARTIDOS E RESULTADOS

 


 

back link