Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Oleiros acollerá a gala dos premios Youtubeiras+

O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o vindeiro mes de xaneiro a gala dos premios Youtubeiras+. O certame repartirá 7500 € entre as propostas gañadoras das sete categorías a concurso: Canle, Creación de contidos, Revelación, Calidade lingüística, Rede, Pódcast e Premio do Público. Os dous primeiros apartados contarán cunha dotación económica de 1250 euros e as cinco restantes, de 1000 euros.

Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña. O obxectivo é promover o talento en galego nas redes sociais.

Este ano ademais lanza un novo premio honorífico para distinguir a traxectoria de persoas e iniciativas no eido da creación dixital na nosa lingua. Esta é a gran novidade que trae a décima edición dos Premios Youtubeiras, cuxas bases xa se poden consultar en www.youtubeiras.gal. O prazo de inscrición manterase aberto até as 23.59 horas do día 15 de novembro. 

back link