O Obradoiro do Corpo realizarase todos os mércores entre o 11 de setembro e o 18 de decembro, e está dirixido a mulleres menores de 60 anos.
As interesadas en participar, poden inscribirse a través da páxina web do Concello do 2 ao 8 de setembro, no apartado Participa!, na categoría Actividades sociais. É posible solicitar máis información no 981 60 00 00 ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org.