A actividade vai dirixida a maiores de 12 anos e ten unha duración de catro xornadas no mes de xullo. O prezo da actividade é de 4 euros.
Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.