Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Obradoiro de Nadal no Museo Os Oleiros

Oleiros, 13 de decembro de 2018-. O Museo Os Oleiros abre mañá venres o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer pezas para iluminar as longas noites de inverno: lámpadas, candís, palmatorias... A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 27 e 28 de decembro e 3 de xaneiro.

Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
 

back link