Oleiros, 29 de xullo de 2019-. A sala de exposicións do Castelo de Santa Cruz vai albergar desde o día 1 ata o 31 de agosto a mostra Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A exposición recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou Anderson nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926.
A inauguración terá lugar o vindeiro xoves día 1 de agosto ás 20:00 horas. Os horarios de luns a venres serán de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Os sábados de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é libre e gratuíta.
O Concello, Abanca e Afundación asinaron un convenio de colaboración para traer esta exposición a Oleiros.