Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O xoves comezan os obradoiros para a inclusión social na Biblioteca Central Rialeda

Oleiros, 20 de marzo de 2018-. Este xoves día 22 de marzo terá lugar o primeiro dos obradoiros para a inclusión social que organiza o Concello de Oleiros na Biblioteca Central Rialeda. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos e para participar é imprescindible reservar praza previamente.

Na actividade do xoves, nenos e nenas con discapacidade intelectual con autonomía para participar sós co apoio de técnicos especialistas e nenos e nenas sen afectación construirán un colgante decorativo a partir dun xogo previo sobre as constelacións. Os días 26 de abril e 24 de maio haberá outras dúas xornadas con diferentes temáticas.

Con estas sesións preténdese sensibilizar a nenas e a nenos sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con diversidade funcional, as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa e xerar actitudes e comportamentos prosociales a favor da normalización social das persoas afectadas por diversidade funcional.
 

back link