Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O XI Ciclo de Música: Voces cálidas para noites de inverno enmarcado na programación cultural do Concello comeza o día 3 de febreiro

O XI Ciclo de Música: Voces cálidas para noites de inverno enmarcado na programación cultural febreiro-abril, comezará o vindeiro sábado 3 de febreiro ás 20:30h cun concerto de Jorge da Rocha no Auditorio da Fábrica.

O ciclo Voces cálidas para noites de inverno comeza o sábado 3 de febreiro cun concerto do portugués Jorge da Rocha que presenta o seu terceiro álbum: BLAU-Being Lost As Usual-, unha proposta singular no panorama actual da música moderna. 

Un encontro entre a electrónica e o acústico que nos transporta por diferentes paisaxes sonoras e aproxímanos ao son de Radiohead, Apparat ou Massive Attack. En BLAU inclúense temas como “False Alarm”, sobre un personaxe que nega o quecemento global, ou “Terra Quente” que parte do dra¬ma dos incendios forestais que devastan Portugal cada verán e ou¬tros de carácter máis persoal e introspectivo, como “Excellence” (so¬bre a imposición da excelencia na sociedade moderna) ou “Agora”, en que nos convida a vivir máis intensamente o momento presente. 

As entradas poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Público: todos os públicos
Prezo: 4,00 euros  

Consulta a programación cultural en www.oleiros.org

back link