Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Voluntariado de Oleiros celebra unha semana solidaria con diversos actos

Oleiros, 23 de novembro de 2017-. O vindeiro 5 de decembro é o Día do Voluntariado e, desde Oleiros, o grupo de voluntarios e voluntarias organizan distintos actos dirixidos a dar a coñecer toda a súa actividade, así como a potenciar algunhas das que veñen levando a cabo desde fai anos.

A primeira acción será mañá sábado. Unha recollida durante todo o día de produtos de nadal e de limpeza no Gadis de Bastiagueiro destinados ao Banco Solidario, un proxecto que desenvolve unha intensa actividade durante todo o ano con campañas de recollidas extraordinarias e coa campaña de reparto de alimentos excedentes da Unión Europea. Un esforzo importante co que complementan as actuacións que se levan a cabo desde o Departamento de Servizos Sociais.

O mércores 29 de novembro, ás 20:00 h, a sala de exposicións do centro cultural A Fábrica acollerá a inauguración d unha mostra de pintura da artista María Rodríguez Rey. A exposición titúlase Os nosos tesouros e parte dos fondos recadados serán destinados a proxectos do Voluntariado de Oleiros.

O xoves 30 terá lugar a II Asemblea Xeral do Voluntariado de Oleiros, un espazo no que todas as persoas que forman parte do voluntariado debaten e analizan as actuacións desenvolvidas ao longo de todo o ano 2017 e planifican as do ano seguinte.

Finalmente, como remate desta semana solidaria, o venres 1 de decembro celébrase o Festival do Voluntariado de Oleiros, ás 19.30 h, no Auditorio da Fábrica. O acto combinará a exposición dos numerosos proxectos que se desenvolven desde o Voluntariado de Oleiros: Banco Solidario, acompañamento de persoas maiores, apoio escolar, ocio e tempo libre con persoas discapacidade...., coa actuación musical da Coral Airiños de Nós e cunha sesión de narración oral a cargo de Ramiro Neira, no que os contos tratarán dos valores nos que se apoia e sustenta o voluntariado. En definitiva, un espectáculo dirixido a toda a familia, maiores e pequenos.
 

back link