Oleiros, 21 de marzo de 2018-. Este venres día 23 de marzo, ás 21:00 horas, o centro cultural A Fábrica acollerá a proxección do documental Vértice de versos, dirixido e producido por Carlos Lorenzo. A entrada é libre con invitación, que poderá recollerse desde as 20:00 horas.
No documental, críticos/as, especialistas, editores/as e o propio colectivo de escritores e escritoras explican por que Galicia é terra de poesía e de poetas. Unha extensa xeración de poetas novos/as galegos/as destacan no mundo literario pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus libros xa traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Os novos tempos tamén están a traer novos xeitos de expresión poética.