Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O venres abre o prazo de preinscrición nas actividades municipais de verán infantís e xuvenís

Oleiros, 26 de abril de 2017-. Do 28 de abril  ao 5 de maio estará aberto o prazo de preinscrición nas actividades de verán organizadas polo Concello de Oleiros. Poderá realizarse na web municipal www.oleiros.org, na carpeta cidadá -non é necesario estar rexistrado-, ou na conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.

A programación de verán vai dirixida a rapaces e rapazas do municipio nados entre 1999 e 2014, que, segundo o seu grupo de idade, poderán gozar de diferentes actividades: campamentos, campus, excursións á natureza, actividades acuáticas (surf, kaiak...),  escola de artes plásticas, obradoiros (radio, robótica e programación, curtametraxes, teatro, olería, creación de contos, banda deseñada, artesanía e natureza, precirco...).

FOLLETO INFORMATIVO

back link