Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O venres abre o prazo de inscrición para o Obradoiro Cabaré

 Oleiros, 9 de setembro de 2020-. Coa intención de fomentar a igualdade, o Concello de Oleiros pon en marcha unha actividade que pon o foco no colectivo feminino, ao considerar que son as mulleres as que máis sofren as consecuencias do patriarcado e que historicamente estiveron, e seguen a estar, máis discriminadas. As persoas interesadas en participar no Obradoiro Cabaré poden inscribirse na Sede Electrónica desde o venres día 11 de setembro ata o día 16 de setembro.

 
O cabaré é un xénero artístico aínda moi descoñecido hoxe en día na sociedade. Mais alá da parte estética resulta moi beneficioso a calquera idade xa que axuda a desinhibirnos, a descubrir e aceptar a nosa sensualidade, fortalecendo a nosa autoestima e descubrindo o noso potencial feminino. A base deste xénero escénico é a actitude, isto fai que gañemos moita confianza e seguridade desenvolvendo habilidades para a vida cotiá xa que nos achega unha gran dose de valentía, enfrontándonos ao control da vergoña, confiando no noso instinto e expresándonos con liberdade.
 
Esta actividade desenvolverase, no salón de actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo durante todos os mércores, desde o 23 de setembro ata o 16 de decembro. As sesións irán de 19:00 a 21:00 horas. O número de participantes dependerá das directrices vixentes a nivel sanitario no momento do inicio do obradoiro.
 
back link