O predio converterase nun bosque dedicado á pedagoxía, cunha aula sen muros, un invernadoiro, unha horta de tempada e un conxunto de árbores autóctonas e de froita. O proxecto foi seleccionado para concorrer ao programa “Aprender do Bosque” do Centro de Arte da Fundación María José Jove, un proxecto que impulsou a profesora Fina Mosquera e no que participaron numerosas alumnas e alumnos coas súas ideas sobre o uso deste novo espazo escolar.
Xusto cando o propio colexio, como outros moitos, está en plena protesta ante a Xunta pola mesquindade en dotar do profesorado necesario para ofrecer recursos pedagóxicos adecuados, o Concello demostra unha vez máis o apoio á comunidade educativa e ao futuro dos nosos nenos e nenas.