Oleiros, 13 de xuño de 2018-. O vindeiro sábado 16 de xuño, a partir das 10:30 horas, o pavillón municipal da Rabadeira acolle a quinta edición do Trofeo Concello de Oleiros de ximnasia rítmica. Participarán un total de 170 deportistas pertencentes a 10 clubs procedentes de toda Galicia.
O torneo comezará cos concursos de promoción nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e sénior. Despois, a competición continuará coas ximnastas federadas das categorías alevín, infantil, júnior e sénior. Está previsto que a proba remate sobre as 14:00 horas.