Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O TSXG confirma a absolución do alcalde e o funcionario municipal na demolición das ruínas de Casa Carnicero

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de emitir unha sentenza na que absolve ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o arquitecto técnico municipal pola demolición das ruínas de Casa Carnicero. Aínda que xa existía unha primeira sentenza absolutoria emitida o pasado mes de setembro pola Audiencia Provincial da Coruña, a fiscalía presentara un recurso de apelación que acaba de desestimar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os tres maxistrados que formaron o tribunal confirman que non se cometeu ningún delito, nin contra o patrimonio histórico nin de prevaricación, tal e como recorrera o Ministerio Fiscal, que reclamaba unha sentenza condenatoria.

O pasado mes de setembro, a Audiencia Provincial da Coruña xa emitira unha primeira sentenza absolutoria porque a acción dos responsables municipais non foi “inxusta nin groseiramente contraria a dereito”. A sentencia contempla, en función das testemuñas recabadas, que a rehabilitación do edificio era inviable e o que quedaba del debía derrubarse. 

OPERACIÓN POLÍTICA

Aínda que non existía ilegalidade, todos os partidos da oposición en Oleiros levan 5 anos intoxicando a opinión pública con continuas insinuacións para desprestixiar ao alcalde, para o que a Fiscalía pedía unha inhabilitación para exercer cargo público. PP, PSOE e BNG alentaban a esperanza infundada de que o alcalde sería eliminado da política: o obxectivo real que había detrás desta manobra.

Con esta operación PP, PSOE e BNG deixaron patente o seu talante antidemocrático ao pretender utilizar os tribunais para pisar a vontade do pobo de Oleiros expresada nas urnas. Tamén quedou retratada a mesquindade humana dos representantes da oposición ao implicar no asunto a un funcionario municipal exemplar, ao que cuestionaron publicamente en diversas ocasións, sen importarlles os graves danos persoais e familiares que iso supuxo para unha persoa que non está na política nin na esfera pública.

Aínda que todos subiron ao carro da infamia, foi o BNG o impulsor inicial deste proceso, tras a denuncia dos feitos por parte da deputada Mercedes Queixas ante o Parlamento de Galicia. O Goberno da Xunta, naquel momento baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo, remitiu a documentación á Fiscalía para que abrise o procedemento xudicial e posterior xuízo, con Diego Calvo como conselleiro de xustiza.

PP, PSOE e BNG nunca se lembraron de Casa Carnicero ata os acontecementos do 2020. A sentenza desmonta definitivamente o falso relato dos oportunistas políticos.
 

back link