Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Servizo de Normalización Lingüística celebra o Día da Lingua Materna coa representación da ob

Oleiros, 17 de febreiro de 2016-. O Concello de Oleiros, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza para celebrar o Día da Lingua Materna, este domingo 21 de febreiro, a representación da obra Bicos con lingua. Un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Esta peza cómica terá lugar no auditorio Gabriel García Márquez ás 19.30 horas.

Bicos con lingua, de Talía Teatro, está dirixida por Avelino González e contou coa participación de autores como Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala e Marta Echeverría. Ademais está protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos e as entradas poñeranse á venda a partir das 18.30 h.

As celebracións continuarán ao longo da semana para os centros escolares. O alumnado dos institutos asistirá ao teatro o luns 22  a ver esta mesma obra e os colexios terán a actividade Lingua Forza 3 de Xandobela. Lingua Forza 3 é un proxecto de dinamización lingüística con formato de xincana e posta en escena dramatizada, no que as persoas participantes terán que superar varias probas dando conta das súas destrezas físicas, lingüísticas e de traballo en equipo.
 

back link