Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado inaugúrase un monumento de homenaxe aos avós e avoas en Santa Cristina

Oleiros, 22 de outubro de 2018-. O vindeiro sábado día 27 de outubro, ás 12:30 horas, o Concello de Oleiros realizará un acto público para inaugurar unha escultura de bronce en homenaxe aos avós e ás avoas. O monumento estará colocado no paseo da ría, en Perillo, á altura do parque José Martí.

“En Oleiros e en toda Galicia, os avós e as avoas foron, son e serán importantísimos en todas as familias. Para que todo o mundo o saiba e sexa consciente disto, imos inaugurar o sábado ás 12:30 horas un monumento para homenaxealos en Santa Cristina, na zona do paseo, á altura do parque José Martí”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link