Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado e o domingo celébrase o XVII Torneo Concello de Oleiros de Tenis de Mesa

Oleiros, 22 de novembro de 2017-. Esta fin de semana o pavillón de Bastiagueiro será o escenario do XVII Torneo Concello de Oleiros de Tenis de Mesa. Participarán nesta proba máis dun cento de persoas, desde a categoría benxamín ata a de veteranos.

Na xornada do sábado disputaranse os partidos de todas as categorías, agás os das absolutas masculinas e femininas que serán o domingo. Os horarios para ambos días van desde as 9:00 ata as 21:00 h, estando previsto que as semifinais e as finais de cada unha das categorías sexan cara ao final da tarde.
 

back link