Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado celébrase unha nova edición do Festival Basticore

Oleiros, 27 de xullo de 2017-. O festival Basticore 2017 terá lugar na pista de skate de Bastiagueiro o próximo sábado 29. A primeira hora da tarde, a partir das 15:00 horas, comezarán as actuacións musicais que amenizarán a tradicional exhibición e concurso de monopatín.

A entrada é gratuíta e os grupos musicais que actuarán nesta edición son: Cuchillo de fuego, Bulto, Stoyka, Please Wait, Moura, Invasive Sessions, Theta Waves, Ordesa e Super Busty Samuray Monkei entre outras bandas.
 

back link