Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado celébrase o XXIX Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 200 deportistas

Oleiros, 8 de maio de 2018-. O vindeiro sábado 12 de maio celébrase o XXIX Tríatlon Concello de Oleiros, no que están inscritos 200 deportistas das categorías cadete, júnior, sub 23, absoluto, veterán 1 e veterán 2. A proba celebrarase en Mera e comezará ás 16:00.

Nesta competición oficial poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas con licenza dun día. Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación terá a súa saída (16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera. A meta estará situada no Parque da Lagoa de Mera.

Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 19:00 horas –aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o Parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.
 

back link