Primeiramente tomarán posesión os membros electos da Corporación. Posteriormente, tras a posta a disposición do arqueo e do inventario de bens municipais para que a Corporación entrante poida proceder á súa comprobación documental, pasarase á votación para a elección do alcalde do Concello de Oleiros.