Oleiros, 2 de outubro de 2019-. A vindeira fin de semana a praza Esther Pita de Santa Cruz acolle a terceira edición do Festival Rockanroleiros. Os concertos celebraranse a partir das 12:30 horas e das 17:00 horas, o sábado 5 de outubro.
A sesión vermú estará amenizada polas bandas locais Undercover e Máxica. Pola tarde tocarán Theta Waves, David el Cuerdas & K´Landrakers e Desubicados. Ás 22:30 horas comezará o concerto Aurora & The Betrayers.
O Concello de Oleiros colabora na organización deste festival coa asociación Musicoleiros, formada polos grupos que empregan os locais municipais de ensaio e que pretende dinamizar e achegar os veciños e veciñas á súa actividade musical. Durante todo o día haberá postos de comida e bebida.