Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas

Imagen O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas

Todas as persoas maiores de 65 anos están convidadas a participar na Romaría das Merendiñas que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 13:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que recibiron ou recibirán estes días nos seus domicilios.

O menú será o tradicional composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda de música municipal, co dúo Xilo e Carlos e os solistas María José Pereira e Arturo.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.