Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Running Oleiros imparte un campus de iniciación ao atletismo gratuíto no Nadal

Oleiros, 21 de decembro de 2016-. O Club Running Oleiros imparte a semana que vén un campus de iniciación ao atletismo dirixido aos nenos e ás nenas de primaria co obxectivo de fomentar este deporte e achegar este deporte e as súas distintas disciplinas aos máis pequenos. O campus vaise desenvolver os días 27, 28, 29 e 30 de decembro, pola tarde, en horario de 16:00 a 19:00 horas no pavillón María Casares de Bastiagueiro.

O campus é totalmente gratuíto e desenvólvese grazas a un convenio de colaboración entre o Consorcio As Mariñas, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, no que colabora o Concello de Oleiros coa cesión das instalacións.

Hai un total de 50 prazas dispoñibles e as inscricións teñen que facerse a través da web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com/calendario. Para calquera dúbida poden facer a consulta directamente ao club a través do seu enderezo electrónico running.oleiros@gmail.com.

 

back link