Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O punto limpo de Iñás abrirá novamente a partir do mércores

Oleiros, 11 de maio de 2020-. O punto limpo de Iñás abrirá a partir do vindeiro mércores 13 de maio. De luns a venres o horario é de 9.30 a 13.00 e de 15.30 a 19.00 horas e os sábados de 9.30 a 13.30 horas.

 
Para garantir a seguridade de traballadores e persoas usuarias só poderá acceder á instalación un único vehículo e deberá manterse a distancia de 2 metros. Os obxectos a depositar deberán poder moverse por unha única persoa e recoméndase a utilización de guantes e mascarilla.
back link