Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O proxecto da Vía Ártabra a exposición pública este ano

Tras numerosas demandas por parte do Concello de Oleiros, o proxecto para conectar a vía Ártabra coa AP-9 sairá a exposición pública proximamente. Finalizado ese trámite será posible que a Xunta contrate a obra no ano 2026.

O pasado mes de xuño, a proposta do Goberno municipal de Alternativa dos Veciños, o pleno do Concello de Oleiros acordou reclamar á Xunta de Galicia a realización con urxencia de todos os trámites necesarios de forma correcta para a contratación da obra da vía Ártabra entre Iñás e A Gándara para a súa conexión coa AP-9. O PSOE e o BNG votaron en contra.

Tamén se aprobou reclamar á Xunta de Galicia o inicio da redacción do proxecto para continuar a vía Ártabra ata a A-6, unha vez se aprobe o proxecto de conexión coa AP-9.

A comarca da Coruña presenta un importante déficit de infraestruturas viarias, así como de medios de transporte público, axustados ás necesidades reais de mobilidade de cidadanía e empresas. Entre outras actuacións pendentes que mellorarían notablemente o tráfico, a máis transversal é a vía Ártabra: a gran circunvalación da comarca coruñesa que dará servizo a concellos e polígonos industriais de Cambre, Bergondo, Sada, Oleiros, Culleredo, Arteixo e A Coruña, creando conexións directas coa AP-9, a A-6 e outras vías principais. A vía Ártabra permitirá tamén aliviar o tráfico de forma xeral na rede viaria metropolitana, desconxestionando especialmente a Costa da Tapia en Cambre, a estrada da costa de Sada e Oleiros e a ponte da Pasaxe.
 
A primeira fase da vía Ártabra, desde o porto de Lorbé ata AP-9, sería xa neste momento unha realidade de no ser polo anterior Goberno de Cambre que atopou un subterfuxio legal para que a xustiza paralizase a obra por erros administrativos cometidos polo Goberno autonómico bipartito.

Intereses persoais de representantes políticos de Cambre, mentalidades localistas, cálculos electoralistas ou discursos demagóxicos dalgúns grupos políticos non poden frear durante máis tempo unha infraestrutura supramunicipal clave para o progreso da comarca da Coruña no seu conxunto, máis se cabe co grave problema de mobilidade existente na área metropolitana máis importante de Galicia.
 

back link