Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O proceso de selección dos cursos de socorrismo da Deputación celebrarase os días 15 e 16 de fe

Oleiros, 08 de febreiro de 2017-. Os cursos de socorrismo solicitados polo alcalde de Oleiros e deputado provincial, Ángel García Seoane, para asegurar a igualdade de oportunidades no acceso á titulación están a piques de comezar. As persoas interesadas en inscribirse poden informarse na páxina web da Deputación ou no teléfono 981 080 610.

Os cursos son gratuítos e están abertos aos habitantes dos concellos da provincia. Na Coruña, o proceso de selección celebrarase os días 15 e 16 de febreiro nas instalacións da Casa da Auga.

“A Xunta obrigou a ter esta titulación, cobrando 1.300 euros por ela. Por iso solicitamos que a Deputación sacase a licitación estes cursos gratuítos que garantan a igualdade de oportunidades”, comentou o alcalde. A Deputación adxudicou recentemente os cursos á Cruz Vermella (na Coruña) e á Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (en Ferrol e Santiago de Compostela) por un importe de 129.000 euros.
 

back link