Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O prazo de matriculación nas escolas infantís do Concello de Oleiros rematará o 5 de abril

 Oleiros, 16 de marzo de 2023-. Desde o 17 de marzo e ata o 5 de abril estará aberto o prazo para a  presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2023/2024. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso. 

 
Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que prefiran como primeira opción: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí serán atendidos e facilitarase toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.
 
Pode atoparse máis información na web https://www.igualdadebenestar.org/.
back link