Oleiros, 18 de xaneiro de 2018-. O pleno municipal aprobou de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2018, que ascende a máis de 28 millóns de euros. Desta maneira, o documento entrará en vigor de maneira inmediata para executar todas aquelas obras e servicios que contempla.
Ademais quedou aprobado un convenio coa Fegamp para a realización dunha nova cartografía do municipio e a execución dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación ao plano de ordenación urbanística 2-24D do Plan Xeral, no que se eliminou a “P” de aparcamento que figuraba en parte do ámbito do solo urbano consolidado, ordenanza 2D Cidade Xardín, variante 2A de vivenda unifamiliar en liña.