Oleiros, 25 de novembro de 2021-. O pleno municipal aprobou unha declaración institucional en contra da violencia de xénero. Todos os grupos políticos apoiaron o texto no que se denuncia que a violencia de xénero é unha das máis graves violacións dos dereitos humanos, que condiciona e devasta a vida de mulleres de Oleiros e de todo o mundo, totalmente incompatible cunha sociedade democrática.
A declaración, entre outras cousas, di que “debemos desterrar o machismo de todos os ámbitos da vida e seguir traballando arreo para conseguir o obxectivo da igualdade plena entre homes e mulleres. Non á violencia contra as mulleres!”.
Ademais, o Goberno municipal aprobou a corrección dos estatutos sociais da empresa municipal de auga especificando que as persoas que formen parte do consello de administración non percibirán ningún tipo de retribución económica e que o presidente da entidade será elixido polo consello de administración.