Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O pleno aproba unha declaración da mocidade de Oleiros en defensa dos dereitos das mulleres

 Oleiros, 25 de febreiro de 2021-. O pleno municipal celebrado esta tarde comezou cunha lectura dun manifesto elaborado polas mozas e mozos que acoden ás Casas da Mocidade. Unha rapaza e un rapaz, en representación dos seus compañeiros e compañeiras, deron lectura a esta declaración que contou co apoio de todos os grupos políticos da corporación.

 
No texto a mocidade pretende transmitir unha mensaxe de reivindicación acerca da igualdade dos dereitos da muller. Tal e como recollían, a mocidade de Oleiros aspira a “ser a xeración que poida dicir que vivimos nunha sociedade onde somos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”.
 
Ademais na sesión foron aprobados outros asuntos. O máis relevante é o Plan Parcial Sector SUD-6 “Alsina”-Lamastelle, un desenvolvemento urbanístico que permitirá a creación de amplas novas zonas verdes públicas, ademais da cesión dun bosque de máis de 30.000 metros en Nós que xa foi entregado previamente ao Concello.
back link